Wednesday 01 de May de 2024

O Concello reforma a pista de baloncesto da praza Elíptica dos Rosales


A edila de Deportes, Mónica Martínez, sinala que desde a concellería estanse a escoitar “as demandas da veciñanza en materia de infraestruturas deportivas, e proba diso é que pouco a pouco imos arranxando as instalacións deportivas exteriores que hai na cidade”

O Concello está reformando a pista de baloncesto da praza Elíptica dos Rosales, tras unha reunión da concelleira de Deportes e o seu equipo coa asociación de veciños, en que lles solicitaron esta mellora para a infraestrutura deportiva de uso público polas veciñas e veciños do barrio.

A pista, que é moi utilizada pola rapazada, tiña o firme en malas condicións debido ao seu abandono nos últimos anos. A edila de Deportes, Mónica Martínez, sinala que desde a concellaría estanse a escoitar “as demandas da veciñanza en materia de infraestruturas deportivas, e proba diso é que pouco a pouco imos arranxando as instalacións deportivas exteriores que hai na cidade”.

Está previsto que esta obra de mellora da pista de baloncesto dos Rosales remate esta semana.